Destacados en 2016

“Ramón do Casar Treixadura, Albariño y Godello” y “Ladairo Colección de Familia” son considerados los actuales vinos “Reyes de Galicia”,tras haberse hecho, el pasado año 2016, con los los galardones a Mejor Vino Blanco y Tinto de Galicia, respectivamente, en la “XXVIII Cata de Vinosy de Aguardientes de Galicia”, organizada por la Xunta y considerada la entrega de premios más importante del panorama vitivínicola gallego.

Compartir: 

A principios de los años 80, José Luís Vaz fundó esta bodega familiar de la D.O. Monterrei que cuenta con más de 20 hectáreas de viñedo y produce un total de 230.000 botellas al año. La bodega, que combina la elaboración artesana con el uso de las más modernas técnicas enológicas, surgió cuando José Luis heredó de sus padres una propiedad localizada en el valle de Ladairo. Desde entonces, dedicó todo su esfuerzo e ilusión a esta bodega hasta convertirla en una referencia del vino de Monterrei.

LADAIRO Colección de Familia 2015

Bodega: Bodegas Ladairo, S.L.
Dirección. Ladairo, 42 O Rosal. Oímbra.
Web. http://www.bodegasladairo.com/
DO. Monterrei.
Variedades. Mencía y Arauxa
Producción. 110.000 litros.
Viñedo. 23 Ha de viñedo propio apróximadamente.
Precio. 6€

Ramón Do Casar y su familia decidieron almacenar sus sueños en una bodega que ha sido concebida para proteger y ensalzar la nobleza de los vinos que en ella se elaboran. Con D.O. Ribeiro,  presume de cuidar sus uvas como muy pocas bodegas lo hacen en la actualidad. En sus viñas, aún es posible percibir la presencia de aquel marquesado en el que Ramón empezó a trabajar y que hoy constituye un privilegiado terreno para la crianza de variedades autóctonas, de las que salen grandes vinos del Ribeiro.

RAMÓN DO CASAR. 2015

Bodega. Ramón do Casar, S.L.
Dirección. Paraxe San Sebastián, s/n Prado-Vide. Castrelo do Miño.
Web. http://ramondocasar.es/
D.O. Ribeiro.
Variedades. Treixadura, Albariño y Godello.
Producción. 45.000 litros.
Viñedo. 12 Ha
Precio. 11€

UNHA HOMENAXE Á PERSONA DETRÁS DO VIÑO

Pepe Paz*

Dende o principio dos tempos o viño foi un elemento protagonista. Polos seus territorios, pasaron culturas e civilizacións para as cales sempre foi relevante: acompañante, colaborador, celebrante, esencia, alegoría, consagrado,prohibido, pero nunca ignorado ou inadvertido. Estivo, está e estará con nós, apáganos a sede, fainos desfrutar, desátanos a fala… Porén,os nosos viños tamén alimentan cada día máis familias dende a súa autenticidade, sen querer ser máis pero tamén sen ser menos. Hai ben pouquiño, entre nós foron destacados dous viños. Puideron ser outros, pero a decisión do gusto de moitos entendidos escolleunos como merecedores do galardón dos viños do ano de Galicia. Estes viños son:

  • ​LADAIRO (tinto colección de familia Mencía 2016)
  • RAMON DO CASAR (branco plurivarietal 2016)

Os viños de Ladairo son xa vellos coñecidos nos premios galegos; é, sen dúbida, un digno representante dos mencías galegos. É Monterrei, mais tamén e galego. Fala de nós e con nós. Destaca pola suavidade aveludada da mencía e déixanos lembranzas daqueles froitos que o inspiran, os froitos vermellos sobre todo. Mais tamén nos ofrece flores dos vales do Támega e do Bubal. É xoven e xeneroso pero tamén goloso, fresco e tentador. Fala galego dende esa mencía que se fai acompañar dunha araúxa propia. É amplo na boca, ten corpo que leva lixeiros toques minerais, vai mais alá do trago xa que segue aí dende a gorxa rememorando a súa presenza. É un viño que fai compañía.

Ramón do Casar é marca nova. Unha adega nova pero con raíces antergas. Leva pouco tempo con nós, pero moito na alma da familia que a elabora. Este viño é unha espléndida mistura desas castes das que presumimos os galegos. Esa Treixadura das encostas do Ribeiro, con godello e albariño fai que o noso nariz nos eleve polas ribeiras sorbendo as florciñas, os fiúnchos, as mazás e as peras e demais aromas desas terras. Pero degustalo aínda é mellor: bebemos e notamos a notas amargas pero elegantes das treixaduras e dos godellos, esa acidez tan nosa que o fai fresco e pide máis. É incitante e tentador, un viño que quere ser bebido.

Está claro que se estes viños tiveron o recoñecemento daqueles máis entendidos han de ser bos, diso non cabe dúbida. Pero os viños son moito máis, diante e detrás de todos os nosos viños hai xente, xente que aqueles que o bebemos debemos lembrar. Así non debemos deixar de lembrar que Ladairo enoloxicamente está dirixido polo excelente enólogo Álvaro Bueno. Pola súa parte, Ramón do Casar está dirixido por outro grande da nosa enoloxía, Pablo Estévez. Pero neste caso concreto non quero deixar pasar a ocasión sen lembrar os dous homes que inspiraron estes viños. Refírome a D. José Luis Salgado Vilela e a D. Ramón González Figueiredo, ambos os dous nos deixaron pero aquí está a súa pegada.

A José Luis Salgado Vilela lémbroo como un apaixonado das vides, foi un pioneiro da actual viticultura galega, un visionario, un precursor. O seu sen dúbida era vocacional. Lémbroo dende sempre co seu sombreiro entre as vides das ladeiras do Ladairo, gozando cando nos ofrecía na adega aqueles viños nas primeiras etapas de elaboración, que xa apuntaban maneiras. Hoxe en día botámolo de menos, pero sabemos que o seu equipo (familia e traballadores) darán continuidade ao seu legado, o viño do Vilela esta tirando da Pepita ¿a que si?

E de Ramón González que hei de dicir… Agora mesmo lembro a súa presenza na adega acabada de inaugurada; lembro ese sorriso amplo e satisfeito dos primeiros recoñecementos e premios; satisfeito de ver como o viño que el soñou cando hai moitos anos comprara aquelas terras e empezara a plantar viñedos, era unha realidade que os seus fillos levaban a cabo. En realidade,isto que pretendía ser unha pequena cata deses viños, a min persoalmente gustaríame convertelo nunha pequena homenaxe a dúas persoas que xa non beben con nós, pero cuxa presenza vai seguir polos anos a través daqueles viños que foron capaces de pensar hai xa tempo.

Categorías: