- Nesta festa dos sentidos participará o grupo de folk galego-irlandés Böj, que antes de ofrecer o seu concerto, dará o acompañamento musical as fermosas historias de Anxo Moure, que realizará unha viaxe pola mitoloxía das xacias do Miño, moi vinculadas ao universo emocional de Abadía da Cova e en especial ao seu Rosado Amarante
- Paloma Rodríguez Moure presentará o viño en representación de Adegas Moure e o acto culminará cun maridaxe-degustación a cargo do cociñeiro do restaurante Merenzao Carlos González
- O programa desenvolverase a partir das 20.00 horas no claustro do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte
Programa:
Intervención de Anxo Moure con cobertura musical de Böj
Presentación a cargo de Paloma Rodríguez Moure
Intervención do cociñeiro Carlos González
Degustación de maridaxe
Concerto de Böj