De ruta polos Viños do Solpor

Nesta banda de babor peninsular mirando o sur, na parroquia de O Hio repousa un viñedo dunar único no mundo, areais nos que dominan as castes brancas coma o espadeiro branco o albariño ou a treixadura… 

Compartir: 

Cara ó Atlántico, cos pés abaneados polas mareas, mollados entre cunchas e o cabelo peiteado por unha brisa mariña de profundidade oceánica, existe unha península entre rías cunha proa que enfila o horizonte do solpor coroada por un Facho de pegada telúrica. No Morrazo hai un paraiso de finas areas brancas en praiñas soleadas, luminosas postas de sol entre illas cercanas. Cara ó solpor existe unha viticultura apegada á terriña, de esquelete granítico.

Inserido no epicentro das rías máis baixas, a proa do Morrazo​ (Cangas e Bueu) agocha unha viticultura de atlántica estirpe que nos últimos tempos do viño fora relegado e deixado sen amparo no organigrama vitivinícola do pais, algo que o ten aillado dalgunhas maneiras uniformizadoras que dominaron unha época.

«Viños do Solpor» é separando duas rías: a estribor e mirando o norte a de Pontevedra, a babor a de Vigo​, con soleadas praias salpicando de relucente e finísima area branca emparradiños agarimosos, enchidos de castes morriñentas do solpor, da brisa atlántica, do cheiro fresco das algas repousadas nos areais ou entre os cantís golpeados polo mar.

Con microespazos vitivinícolas dunha riqueza e identidade inimitable, dunha autenticidade apabullante, como as terriñas de tintos definidos, finos e frescos, atlánticos de pura cepa: son os tintos de Cela onde a Tinta Femia expresa toda a súa esencia. A Ría de Aldán, entre a illa de Ons e as Cíes, morada do espadeiro branco, sinal de identidade dos viños do Hio e nun futuro estandarte branco do Morrazo. Na banda que se baña na Ría de Vigo, o viñedo cangués vai desde a beleza de Donón e Viñó ate Coiro.

Viñedos en la playa, en Hio.

Nesta banda de babor peninsular mirando o sur, na parroquia de O Hio repousa un viñedo dunar único no mundo, areais nos que dominan as castes brancas coma o espadeiro branco (loureiro) o albariño, a treixadura ou o albariño portugués (torrontés).Os microespazos vitícolas desta proa do Morrazo son coma pequenos reductos castrexos que se agochan entre Cela, Pinténs, Donón, Bon, Coiro, Igreario, Beluso, etc

En todos estes microespazos a arquitectura vitícola tradicional está conformada pola parra baixiña, asentada sobre piares de granito e conducida entre vigas de madeira, sentindo a presenza permanente do Atlántico, coa súa humidade e temperaturas moderadas, cun sustrato ganítico que nos viños deixa a súa impronta de estilizada figura e finura aromática, e todo ó través de castes que son quen de transmitir a esencia e a alma da terriña e dos solpores máis envolventes do planeta. 

O noso proxecto vitícola «Viños do Solpor» tenta engarrafar co máximo respeto a esta cultura da vitis atlántica as terriñas desta proa do Morrazo.O Morrazo é terra de furanchos e furancheiros, lugares sinalados por un ramo de loureiro pendurado onde é permitida a venda de viño despois de que este se teña vendido nas zonas «oficiais», tradición viñateira singular que ven do século XVI.

A partir de decembro e ate xuño será posible tomar neles nunha cunca ou nun carolino os viños dos diferentes viticultores. Restaurantes cun producto inmellorable para acompañarespadeiros, albariñas ou tintas temos nas beiras da ría de Aldán en Menduiña, no Igresario, Hio, tamén en Bon, en Beluso ou en Donón e Nerga.​​

Categorías: