St. Petroni, moito máis que un vermú

Neste Nadal regala esencia galega, ¡esencia da nosa terra!, pois din os creadores de este vermú que: “Quen pecha os ollos e arrecende Petroni, arrecende Galicia”

Compartir: 

Os xenuinos vermús de Albariño St. Petroni, xa recoñecidos en medio mundo, elabóranse seguindo unha meticulosa selección das mellores uvas de Albariño procedentes do Pazo Arretén, adega acollida a D.O. Rías Baixas – Subzona Ulla. As súas bases vínicas mexturanse con alcohis puros autóctonos macerados con herbas e botánicos anclados na terra galega e ós camiños que a ela levan. Pero a aposta de Vermutería de Galicia, adicada en corpo e alma á elaboración dos seus vermús, recolle na súa espectacular botella, ademáis duns vermús exquisitos, premiados internacionalmente, toda a esencia da súa terra e da súa cultura, pois é un homenaxe ás materias primas de Padrón, terra onde nacen estos vermús, e da súa historia. 

HOMENAXE A PADRÓN.  O seu nome, de procedencia latina, significa Santo Patrón, en homenaxe á chegada dos restos do apóstolo á vila de Padrón (coñecida nos séculos XIII e XIV como Vila Petroni). Todo o que a súa estilizada botella branca simboliza está moi mesturado ca historia desta comarca do Sar, onde pasado e presente van da man para crear un dos vermús máis diferenciados do mundo.

APOSTA POLA NOSA MATERIA PRIMA. Unha das chaves do éxito do que xa se coñece como O Vermú de Galicia, son a aposta polas materias primas galegas e a honestidade á hora de traballar con elas, pois estas chaves son as responsables de dotar dunha frescura única e dunha singularidade incomparable estes vermús de Albariño. 

null
19

ELABORACIÓN «ENXEBRE». A elaboración artesanal xoga en St.Petroni un papel fundamental -eles din que se trata dunha elaboración enxebre- pois recupera o que se facía tradicionalmente nas elaboracións de albariño, criando a variedade sobre as súas propias lías, durante un mínimo de 6 meses, para dotar de estructura a base vínica previa á súa ensamblaxe cas herbas e botánicos. Esta é a maneira de que a tipicidade do Albariño esté presente nos seus vermús.

BLANCO E VERMELLO. Por increíble que pareza, a diferencia entre a súa versión branca e a súa vermella é a forma de macerar, posto que o viño co que se elaboran é o mesmo (o 75 % de cada botella é Albariño criado sobre as súas lías, da subzona do Ulla), o que acontece é que con Petroni Vermello as 29 prantas e cítricos que o acompañan, macéranse en estado deshidratado, encontrándose entre elas a flor de hibiscu, encargada de apórtalle a cor cobriza. No caso de Petroni Branco, tamén con 29 botánicos (algún deles presentes no seu irmán vermello, como ó asente – ajenjo en castelán- folla de loureiro, tomillo, herba luisa, pulpas de limón, peles de laranxa….) macéranse en estado natural, recén recolleitados, cun ingrediente adicional moi especial, o auténtico pemento de Padrón – O Pemento de Herbón- . Agora sí, podemos entender esa frase que dende Vermutería de Galicia nos trasladan, e nos fan sentir parte da súa esencia: “Quen Pecha os ollos é arrecende Petroni Branco, arrecende o Verde de Galicia”.

PERFECTO PARA ESTE NADAL. Con esta sentida frase, Petroni convírtese no aperitivo perfecto para este Nadal, pois si xa calquer momento é bo para disfrutalo na mellor compañía, nestas datas que se achegan pode ser a escusa para quedar con amigos e familia e así poder brindar á galega, con produto galego, elaborado en Galicia e cheo de sentimento da nos aterra. ¡Saude para todos e Bo Nadal! 

Categorías: