No Val do Salnés, nas Rías Baixas, fai máis de 125 anos cultivábase albariño. Terra de Asorei acaba de presentar o seu albariño Cepas Centenarias que é testemuña da historia desta viticultura que naceu en Cambados, na finca Ouso da Torre, que dende o século XVI ten viñedo, segundo os arquivos do mosteiro de San Martín Pinario de Santiago de Compostela e os arquivos históricos de Galicia. Según os rexistros vinícolas no 1902 xa había unha plantación de albariño. En 2023 identificaron as máis de 200 cepas centenarias que hai nesa plantación, realizando unha vendima seguindo un proceso de trazabilidade dixital cepa a cepa, para elaborar unha edición limitada de 1.960 botellas numeradas.
Adegas Terra de Asorei é unha adega familiar do Val do Salnés que se está consolidando cos seus albariños de calidade, como lle están a recoñecer cos premios de Acios nas Catas de Galicia celebradas nos últimos anos e nos mercados internacionais, onde venden máis do 60% do seu viño en máis de 20 países. Ademais das súas tres liñas de albariño do ano; Terra de Asorei, Nai e Señora e Pazo Torrado 1953, destacan as súas elaboracións especiais; Os Escumosos ,o Barrica de carballo, os seus albariños de garda elaborados sobre lías, recoñecidos os últimos tres anos nas catas Acios de Galicia.
Terra de Asorei aposta tamén pola recuperación de vellas cepas como o espadeiro, preservando a riqueza e biodiversidade. A uva procede de vellas cepas espadeiras de entre 75 anos e 100 anos, localizadas en Cambados e Padrenda-Meaño. Estes viños pódense catar nunha visita a Adegas Terra de Asorei, nunha experiencia rural do Val do Salnés no século XXI. Unha proposta de enoturismo sostible para coñecer a historia das persoas, a terra e a cultura galega que enche cada botella de Terra de Asorei.
Cepas centenarias, espadeiro e espumoso
Terra de Asorei presenta un albariño único, froito da recuperación e estudo das súas cepas centenarias

Categorías:
