A XXVI Feira do Viño de Valdeorras xa ten cartel gañador que ilustrará o evento

O autor, Raúl López Martín, natural de Estella-Lizarra (Navarra), recibirá un premio dotado con 1.000 euros pola súa proposta “Explosión de Viño”

Compartir: 

XXVI Feira do Viño de Valdeorras, que se celebrará na praza da Viloira, O Barco de Valdeorras, os vindeiros 31 de maio e 1 de xuño, xa ten cartel que ilustre o evento. A proposta gañadora, con título “Explosión de viño”, chegada desde Estella-Lizarra (Navarra), foi elexida entre un total de 55 presentadas ao concurso, da que é autor o licenciado en Belas Artes, diseñador gráfico e ilustrador, Raúl López Martín. 

A gráfica do cartel seleccionado evoca a figura dunha botella, debuxada tras unha explosión de viño, que posee dúas versións de cor, emulando as variedades brancas e tintas da D.O. Valdeorras. O xurado valorou especialmente o “impacto que provoca a gráfica do cartel” e a súa “versatilidade á hora de adaptalo a diferentes aplicacións” que son necesarias nas accións promocionais da feira.

O autor da proposta gañadora, que representará a identidade gráfica da vindeira edición da feira, recibirá un premio de 1.000 euros.

O xurado

Nesta ocasión, formaron parte do xurado, a tenenta de alcalde de Vilamartín, Sherezade Núñez; o fotógrafo, Javier Brasa; a deseñadora, Verónica Vieira; a xornalista Raquel F. Cruz; e a secretaria do Consello Regulador, Patricia de Andrés.

Categorías: