12 adegas da D.O. Ribeira Sacra triunfan en París e poñen as miras na Prowein

12 referencias da D.O. Ribeira Sacra degustáronse na Vinexpo de París

Compartir: 

Na primeira acción conxunta de ACRUAGA(Asociación de Consellos Reguladores do Viño e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia), que supuxo por primeira vez unha promoción conxunta dos viños e licores galegos de distintos selos de calidade, 12 referencias da D.O. Ribeira Sacra degustáronse na Vinexpo de París.

Esta cita foi o primeiro gran encontro vinícola do ano e da volta á normalidade. O sector do viño recibía con expectación aWine Paris & Vinexpo Paris, que, tras a pandemia, reunía a 2.800 expositores de 32 países. O público quedou abraiado coa D.O. Ribeira Sacra e o diferente que resultaba no padal a outros viños españois. Ademáis, era a primeira vez que a denominación acudía á cita en París, xa que en anos anteriores esta feria celebrábase en Burdeos.

Por mor da pandemia, o número de adegas participantes foi inferior ao habitual, pero todos coincidiron en esforzo e nas expectativas, co sector enteiro averiguando en directo como funciona todo e como serán as feiras a partires de agora: «o maior interese estaba en descubrir a posta en escena de volver ás feiras internacionais, e todo apunta que o Prowein volverá a ser ese gran evento ao redor do viño» comentaba o Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, Jose Manuel Rodríguez.

Os planes de futuro da D.O. Ribeira Sacra

ACRUAGA, creada para dar cobertura a un convenio de colaboración co IGAPE e co fin de promocionar internacionalmente os viños e destilados de Galicia, impulsará acción de formación e difusión dos viños galegos con D.O. Ademáis de Vinexpo, xa se contempla una nova participación conxunta na London Wine Fair, a más importante do sector no Reino Unido.

Respecto á D.O. Ribeira Sacra, ademais desta promoción internacional conxunta, planea acudir a outros eventos ao longo do ano. Un exemplo é Prowein, en Alemania. Sobre o futuro, Rodríguez apunta:

“A situación da pandemia dificulta facer unha previsión das acción promocionais que faremos dende a D.O. ou as feiras nas que participaremos. Pero, mentres as condicións o permitan, os nosos viños estarán en Xantar, Gourmets, Prowein e Fenavin, e os Concellos da zona tentarán celebrar as súas propias feiras do viño. Buscaremos alternativas pensando no consumidor, sen esquecer a importancia de apostar polos viños de D.O. como motores socioeconómicos para os territorios».

Categorías: