Durante dez días Cambados volverá a celebrar a súa internacionalmente recoñecida Festa do Albariño como manda a tradición. Será dende o 29 de xullo ata o 7 de agosto. O Príncipe dos Brancos será de novo o protagonista durante máis dunha semana, na que será a LXX edición dunha das festas con maior sona da nosa comunidade, a Festa do Albariño. Desta volta, o pregón correrá a cargo de Pitusa Vidal Cabanillas, neta do recoñecido escritor. A gran cita coa variedade da uva raíña das Rías Baixas cumpre este 2022 nada mais e nada menos que setenta anos, e faino por todo o alto, recuperando o seu formato tradicional, despois de dous anos de restriccións por mor da pandemia.
VODAS DE TITANIO. A Festa do Albariño de Cambados camiña con paso firma cara o século de vida. Van ala 70 anos dende que don Bernardino Quintanilla Álvarez e don Ernesto Zarate iniciasen aquel concurso entre amigos bodegueiros de Cambados, hoxe convertido en Festa Declarada de Interés Turístico Internacional, pola que cada ano pasan milleirose milleiros de visitantes para disfrutar de ducias de actividades, entre as que destacan os concertos multitudinarios de grandes estrelas do panorama nacional e internacional; o acto do Capítulo Serenísimo, coas Damas e Cabaleiros como grandes protagonistas; o túnel do viño Rías Baixas de Cambados; ou as tradicionais Catas Prima e Derradeira, da que cada agosto saen elexidos os mellores viños da zona.
INTERÉS TURÍSTICO INTERNACIONAL. No ano 2010 cando o Concello de Cambados comezaba a traballar para acadar a máis alta distinción para un evento destas características. Se ben xa en ans anteriores se fixera algún intento para comezar os trámites, foi a declaración de Cambados como Ciudad Europea del Vino o que motivou á corporación municipal a concentrar esforzos na consecución de tan prezado coñecemento. Tras una serie de pasos administrativos previos, o ansiado nomeamento chegaba en setembro do ano 2018, contando con todos os informes favorables da Xunta de Galicia.
VIÑO E MÚSICA, A MARIDAXE PERFECTA. Na programación da LXX Festa do Albariño non faltarán as casetas de degustación do Paseo da Calzada, que se inaugurarán o vindeiro mércores 3 de agosto, así como tampouco actuacións musicais como as de Tanxungueiras, Nicky Jam, Morad, Dorian ou Amaia Romero. O tradicional concerto do Albariño da Banda de Música de Castrelo será outro dos momentos musicais máis agardados polos veciños e veciñas da localidade. Unha das novidades desta edición é que as verbenas dos venres e sábados, amenizadas polas mellores orquestras de Galicia, foron trasladadas á explanada de San Tomé, sita a uns 500 metros do centro neurálxico da festa. Deste xeito a organización pretende evitar as aglomeracións de anos anteriores na Praza do Concello.