Colaboración para mellorar o acceso ao crédito e facer fronte aos retos do sector vitinícola

ABANCA e o Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro renovaron un acordo de colaboración para dar resposta ás necesidades do colectivo de viticultores

Compartir: 

ABANCA e o Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro renovaron un acordo de colaboración para dar resposta ás necesidades do colectivo de viticultores. Grazas ao convenio, os asociados poderán acceder á oferta completa da entidade financeira para facer fronte ás necesidades do día a día e afrontar as inversións cun fomento importante da sostibilidade.

Deste xeito, os viticultores poderán acceder a condicións melloradas na contratación de produtos e servizos deseñados especificamente para o sector, como pólizas de crédito, préstamos, subvencións e impostos, anticipos da PAC, entre outros.

Así, ABANCA pon a disposición dos asociados a súa unidade especializada ABANCA Agro, que conta cun catálogo de produtos financeiros adaptados ás necesidades do sector do campo e con xestores especializados. Ademais, poderán gozar das fórmulas de financiamento oficiais que o banco inclúe nos convenios con diversos organismos públicos, como o ICO ou o Igape.

Co foco posto na mellora da calidade do servizo que se da aos viticultores e ofrecerlles unha atención personalizada, ABANCA ofrécelles persoal especializado na xestión de seguros para darlles asesoramento sobre as pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada un dos integrantes. Así mesmo, os integrantes da DO Ribeiro terán acceso ao Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pago dos servizos bancarios máis habituais grazas a súa vinculación co banco.

O Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro ten como principais funcións amparar e protexer os produtos da súa zona vitivinícola, así como fomentar e controlara calidade dos mesmos e promover a marca