¡Gran cita coa Ribeira Sacra en Pantón!

Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

Compartir: 

Este 2022 si! Por fin volve a tradicional Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que na súa XXVII Edición permitirá aos amantes do bo viño gozar coas propostas de ata oito bodegas da zona. Deste xeito, a apertura de stands e inauguración terá lugar mañá sábado as 13.00 horas, para deixar paso á Festa da Empanada ás 14.30 h.

Unha cita na que non faltará o tradicional pregón, a cargo do escritor e promotor da Ribeira Sacra Xosé Mouriño Cuba, e a música, con varias actuacións previstas para o sábado coma os concertos dos grupos: Rodas (21.30 horas), Alcar (23.00 horas) e La penúltima sabinera (24.30); e tamén para o domingo, da man do folión Xoglares de Lemos e a orquestra Solara, que pechará a mostra xa as 19.00 horas.

turismopanton@hotmail.com/ Praza do Concello, s/n/ 982 45 63 77, 982 45 62 79

Categorías: