Ibiza, A Coruña, Barcelona e Madrid, destinos onde se promocionarán os viños de Valdeorras

«Con esta acción promocional, pretendemos divulgar o potencial dos nosos viños en novos territorios do Estado que consideramos prioritarios en termos de mercado», sinalaba o presidente do C.O. José Luis García Pando.

Compartir: 

Durante os próximos meses, o Consello Regulador realizará unha intensa campaña promocional en diferentes territorios do Estado. Onte, día 9 de marzo, os viños de Valdeorras déronse a coñecer en Ibiza, nun acto impulsado polo C.R.D.O. en colaboración con Vidivinos.

«Con esta acción promocional, pretendemos divulgar o potencial dos nosos viños en novos territorios do Estado que consideramos prioritarios en termos de mercado», sinalaba o presidente do C.O. José Luis García Pando.

Además de Ibiza, cidades como Madrid, A Coruña e Barcelona, acollerán tamén actividades divulgativas do territorio valdeorrés en vindeiras semanas. O 19 de marzo realizarase en A Coruña unha cata comentada polo director técnico da D.O. baixo o título Valdeorras, terra de viñedo, no mercado herculino de San Agustín.

Xunto a isto, os viños de Valdeorras viaxarán ata Barcelona para participar na Wine Week entre o 4 e o 6 de abril, e tamén se presentarán no Salón Gourmets de Madrid entre o 25 e o 28 de abril.

De forma paralela, e baixo o paraugas de ACRUAGA (Asociación de Consellos Reguladores de Galicia) está previsto que diferentes referencias de brancos e tintos na comarca se dean a coñecer na London Wine Fair de xuño.