Texto: Redacción
Bodegas Martín Códax continúa coa súa firme aposta pola promoción cultural de Galicia.
Nesta ocasión e tendo en conta o complicado e complexo da situación que están a vivir todos os axentes que forman parte do mundo da cultura, decide lanzar un novo proxecto “Os Plans de Códax”, no que intentará difundir e promover tanto as actividades musicais como no ámbito das artes escénicas que van a acontecer, así coma promocionar os novos proxectos dos artistas galegos.
O obxectivo desta axenda é convirtirse no referente semanal da actividade cultural que terá lugar cada semana, dende unha perspectiva orixinal e persoal: a de Carlos Crespo.
Carlos Crespo, xornalista musical con máis de 25 anos de traxectoria no ámbito da cultura, responsable da axenda cultural de Radio Nacional de España ata decembro de 2020, é o director e alma do proxecto, e con el faremos esta viaxe semanal por Galicia.
O formato empregado será un podcast semanal de entre 5 e 10 minutos que se difundirá cada venres a través das redes sociais de Bodegas Martín Códax e que estará aloxado nas principais plataformas podcast: Spreaker, Ivoox e Spotity. Deste xeito poderá ser disfrutado cando se desexe.
Imaxe: Cedidas por Bodegas Martín Códax.