O camiño do ouro

Dende o século X ata primeiros do XX, o viño do Ribeiro foi definido como o ouro de Galicia e o máis supremo dos viños españois

Compartir: 

La madre del vino en quilate subido”, tal como a definiu o Licenciado Molina no Século XVI, lémbranos unha vila cuxa historia e trama urbana mergúllanos no mundo medieval e no urbanismo barroco, visibel nas suas igrexas, conventos e pazos. A capital galega do viño é filla da fartura económica proporcionada pola produción e comercialización dos seus caldos ao longo de máis de mil anos.

O viño de Ribadavia ou Ribeiro, de feito, é o máis citado por reis, monxes, escritores, bispos, comerciantes europeos, etc. Dende o século X ata primeiros do XX, foi definido como o ouro de Galicia e o máis supremo dos viños españois. Amáis … No 1386, os ingleses asaltaron a vila. Despois dun longo asedio descubriron as bondades do viño do Ribeiro, o que provocaría un dos fenómenos comercias máis importantes de Europa entre os siglos XIV y XVII.  

O do Ribeiro foi o primeiro viño probado documentalmente que chegou a América da mao de Cristobal Colón no ano 1492. As ordeanzas de Ribadavia do ano 1579, por outra banda, están consideradas coma o máis antigo precedente dunha denominación de orixe en España. Istes son so algúns dos datos históricos que avalan á tradición do viño na Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. 

Para coñecer a sua capital, Ribadavia, podemos comenzar o percorrido pola Floravia do Otero Pedrayo. Nela, o Pazo dos Condes—onde se atopa o Museo Sefardí de Galicia, adicado a historia dos xudeus galegos—, a Torre do Concello e as edificacións porticadas dan fé do urbanismo xerado nesta vila a partires do seu maior apoxeo no século XVI. 

Dende aquí podemos facer un roteiro polas oito igrexas e as cuatro parroquias que governaban a trama urbana de Ribadavia dividindo en barrios o seu caserío. As Prazas da Madalena, San Xoan e García Boente dan acubillo nas suas contornas aos templos románicos de Santiago e San Xoan e a Casa da Inquisición, cunha fermosa fachada brasonada. 

Dende o recinto amurallado, por outra banda, gozamos de boas vistas encol do río Avia, cuxo mirador más privilegiado é a Ponte de San Francisco, onde se ergue o convento franciscano de San Antonio ou na praciña tra-lo Museo Etnolóxico. O único museo desta temática de titularidade estatal e xestionado pola Xunta en Galicia, que se situa no antigo pazo do Marqués de Baamonde, Rúa Santiago, e no que o visitante pode atopar unha sala enteira adicada ó viño, a entrada é de valde. Continuando o noso paseo e xa na parte alta da vila atopamos o Castelo dos Sarmiento e, próximo a él, o convento gótico de San Domingos. 

Ribadavia exerce como o tesouro báquico de Galicia pero en todo O Ribeiro atopamos unha ruta chea de adegas antigas, novos productores, pazos e aldeas medievais cheas de encanto onde é posible atopar grandes adegas ou pequenas “boutiques” de viños de padal exquisito, elegantes e saborosos. Todo ilo pode coñercerse a través da Ruta do Viño do Ribeiro da D.O máis antiga de Galicia, ubicada en Praza Maior, 7, Ribadavia. 

Non só o viño destaca nesta comarca, tamén famosa polo termalismo. Así, nas Termás de Prexigueiro, a tan só 5 minutos do centro histórico de Ribadavia pódese gozar dunha das mellores augas e circuito termal de Galicia. Nunha paraxe de admirabel beleza e sosegó os bañistas atopan un lugar perfecto para relaxarse e gozar dun momento de felicidade.

Existen numerosos locais en Ribadavia onde poder degustar e gozar das mellores recetas tradicionais de Galicia, das rosquillas de Ribadavia e do famoso tostado. Para descansar pode solicitar o listado de aloxamentos na oficina de turismo: Turismo rural, hoteles balneario, pensións ou vivendas turísticas conforman unha ampla oferta.

Gozar dunha copa de ribeiro, coa repostería da vila, aumentará o bo sabor da visita do conxunto histórico e monumental de Ribadavia que, por certo, celebra, entre os próximos días 28 de Abril e 2 de Maio, a 55ª Edición da súa Feira do Viño, declarada de interese turístico e un evento ó que acuden a expor unha chea de adegas da D.O. Ribeiro. 

Fanse catas, concursos e exposicións, e todo xira arredor do mundo do viño.

*Antonio Míguez Amil, Técnico responsabel da Oficina de Turismo de Ribadavia e de Viñedos de Sefarad

Categorías: