Paco & Lola pecha con éxito a súa cita solidaria na Fundación Manolo Paz

Dani Cornes protagonizou este domingo un concerto benéfico a favor do Banco de Alimentos Rías Baixas

Dani Cornes durante o concierto.

Compartir: 

Paco & Lola celebrou este domingo 27 de setembro unha nova cita solidaria na Fundación Manolo Paz Arte Contemporáneo, en Cambados, cun concerto de Dani Cornes cuxa recadación das entradas foi destinada ao Banco de Alimentos Rías Baixas.

A convocatoria pechou con éxito unha nova edición dunha iniciativa que xa suma cinco anos de percorrido, consolidándose como un encontro no que música, viño, arte e solidariedade se dan a man nun dos espazos máis singulares da comarca. A cita contou tamén co apoio do Concello de Cambados e coincidiu, ademais, coa celebración do Día Mundial do Turismo.

A pesar das previsións meteorolóxicas dos días previos, o evento celebrouse na Fundación Manolo Paz, que contaba cunha zona cuberta alternativa no caso de que a choiva condicionase o desenvolvemento do concerto.

As entradas anticipadas esgotáranse antes da celebración da cita, unha resposta do público que puxo de manifesto a boa acollida do encontro. Ademais da recadación obtida coas entradas, o voluntariado do Banco de Alimentos Rías Baixas instalou no recinto un punto de recollida de alimentos non perecedoiros.

A banda sonora da tarde correu a cargo do músico grovense Dani Cornes, protagonista dunha xornada pensada para gozar da Fundación, do viño e da música, pero tamén para contribuír ao principal obxectivo da cita: sumar apoio ao Banco de Alimentos Rías Baixas.