Pasado, presente y futuro: “Eu bebo Galicia”

Las D.O. lo tienen claro: apostar por los productos de proximidad es hoy más crucial que nunca

Compartir: 

La apuesta por los productos gallegos y de proximidad se reivindica como más necesaria que nunca tras la crisis provocada por la pandemia Covid-19, con un fuerte impacto en el sector vitivinícola autonómico, cuyas ventas dependen en gran parte de los establecimientos de Hostelería, cerrados durante tres meses a causa del confinamiento.

En Galicia en Vinos recordamos así y de la mano de los presidentes de las cinco Denominaciones de Origen gallegas los motivos por los que es más importante que nunca apoyar a un sector que captura en cada botella nuestra esencia como gallegos y que, con su actividad diaria, dibuja y mima al tiempo algunos de nuestros paisajes más hermosos.

Por memoria y con orgullo, por quienes sacrificaron parte de su vida por nuestro porvenir y por el progreso y la estabilidad que se merece Galicia, por nuestra economía y su tejido empresarial, por los pequeños productores que han estado siempre al pie del cañón y que ahí continuaron durante al estado de alarma, por los viticultores que miman las viñas de las que nacen algunas de las variedades de uva más valoradas de todo el mundo, por quienes han convertido a la tierra de los mil ríos en también la de los mil vinos, por esos paisajes que dan forma a nuestro amado paraíso, por nuestra tradición, cultura e identidad, por pasado, presente y futuro. Por la emoción de ser gallego… Ellos beben Galicia, ¿y tú?

“Por lembranza e con orgullo, polo noso”

Eu bebo Galicia porque o futuro quizais estea hoxe máis presente que nunca. Porque cada un dos nosos froitos é unha nova oportunidade para todos. Teño que dicir tamén que sempre bebo con Denominación de Orixe, por lembranza e con orgullo, de toda aquela xente ao lonxe que sacrificou parte da súa vida por o porvir dos que gozamos do arestora, tan ignorantes da súa fraxilidade e tan ignorantes do noso poder. Bebo Monterrei, polo significado do noso, pola pertenza as miñas terras, polo fuxir daquela longa noite de pedra e pola esperanza de traballar incansable pola vida máis pura que Galicia ten. Con convicción e con esperanza, por unha terra e por unha xente única, porque non soportaría o asubiar dun vento ferido onde a nosa esencia, a calidade dos nosos produtos, fose desperdiciada, porque Galicia merece progreso e estabilidade. E se todo isto non fose suficiente, bebo por o maior motivo de todos, porque son galega.

“Porque está en nuestro ADN, por la tradición”

Bebo Galicia porque forma parte de mi ADN; también de la historia, la tradición y la cultura del pueblo gallego. Bebo Galicia porque la riqueza del terruño y nuestro peculiar clima convierten a estos vinos en singulares, reconocibles en todo el mundo y de gran calidad. Su proceso de elaboración natural, basado en variedades autóctonas como la albariño, la loureira, la treixadura, el caíño, el espadeiro, el sousón… que son la envidia de muchos países, hace que sean un producto genuino y exclusivo, que dice mucho de la forma de ser y de la idiosincrasia del gallego. Bebo Galicia porque apoyo a la economía gallega y a su tejido empresarial, con el sector vitivinícola como exponente. Y Bebo Galicia porque, si hay que beberse la vida a sorbos, que sea con uno de nuestros vinos, de calidad amparada por alguna de nuestras cinco Denominaciones de Origen.

“Pola emoción de ser galego e a identidade” 

Eu bebo Galicia porque me identifica como galego, porque contribúe a expresión da miña identidade e lémbrame que formo parte dunha cultura senlleira e ancestral.O viño representa unha paleta de cores, recendos e sabores que, grolo a grolo, me explican a min mesmo: o que fun, o que son e o que serei. Si a lingua é o cumio do xenio creador dos galegos e o barroco a lingua escrita en pedra, o viño resume todas as emocións que emanan da variedade do noso territorio, do noso clima e do bo facer da nosa xente. Eu bebo Galicia como contribución ao seu desenvolvemento económico e social; constitúe a miña achega á continuidade dunha sociedade construída ao longo dos séculos con sangue, suor e bágoas. E gustaríame rematar coma o poeta de Celanova: Eu bebo Galicia “porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña”.

“Polos que traballaron ao pé do canón” 

Eu bebo Galicia porque, tras a pandemia provocada pola Covid-19, é máis importante ca nunca -coido- apostar polo consumo de produtos galegos e de proximidade. Os membros do noso sector primario traballaron ao pé do canón durante o confinamento para procurar que non nos faltaran alimentos. Entre eles, tamén o fixeron os nosos adegueiros e viticultores. Aínda que as vendas de viño aumentaron nalgúns canais, coma o ‘on-line’, é certo que se resentiron notablemente noutros coma pode ser o caso do canal Horeca. Agora toca devolverlle a aqueles que continuaron traballando por nós, todo canto fixeron. E para iso, animo a todos a “beber” Galicia a través dos viños da Denominación de Orixe Valdeorras, con variedades de uva como a godello ou a mencía. Convido a todos a brindar con viños da nosa comarca. De seguro que vos sorprenderán!

“Polas paisaxes dos mil ríos, pola nosa terra”

Eu bebo Galicia porque son amante dos bos viños, porque Galicia é un pequeno continente cheo de contrastes e microclimas que fan desta terra un paraíso para as cepas. Aquí atópanse diversos chans (pizarra, granito, arcilla, esquistos…etc), múltiples climatoloxías dende a costa ao interior con pluviosidades diversas. Con aires do mar e aires de montaña, con valles fértiles e ladeiras escarpadas, con orientación o Norte, Sur o Nacente e o Poñente, este paraíso fai que teñamos viñas diferentes, singulares, incribles, convirtindo a esta terra dos mil ríos en mil viños diferentes e todos cunha historia que contar. Ademais, debo de beber en Galicia para axudar a manter a miña terra con eses paisaxes de viñedo que día a día cambian os tons dunha fermosa postal, paisaxes debuxadas polo viño co esforzo dos nosos viticultores. Por isto e moito máis, eu bebo Galicia.