Valdeorras é a denominación galega máis premiada no Concurso Internacional de Viños VinDuero-VinDouro

Tres adegas obtiveron o Arribe de Ouro, dous na categoría de brancos e unha na de tintos

Compartir: 

Valdeorras é a Denominación de Orixe galega máis premiada no prestixioso Concurso Internacional de Viños VinDuero-VinDouro, que en 2025 celebrou a súa XXI edición.

O certame otorgou tres Arribes de Ouro aos viños valdeorreses, dous deles na categoría de Viños Brancos sen Crianza e un na sección de Tintos sen Crianza.

Estos son os viños galardonados con Arribe de Ouro:

  • D´Berna Godello 2024, de Bodega Guitián y Blanco, con 90 puntos.
  • Cepado Godello 2024, de Adega O Cepado, con 90 puntos.
  • Sampayolo Garnacha Tintorera 2024, de Bodegas Sampayolo, con 90 puntos.

Certame Internacional

Os Premios VinDuero-VinDouro son un importante e consolidado certame internacional de viños de España e Portugal que naceu no ano 2005 e se convertiu en todo un referente no territorio ibérico. O concurso rinde homenaxe ao viño como un valioso e representativo produto da diversidade cultural e patrimonial de ámbolos dous lados da fronteira.

Máis de 60 catadores de prestixio internacional contribúen ao éxito do concurso polo seu rigor e profesionalidade. Ademáis, os galardóns outorgados plásmanse nas Guías de los Mejores Vinos de España y Portugal, editadas en español, portugués, francés e inglés.  

Grazas ao patrocinio da Organización Internacional de la Viña y el Vino (OIV), estos galardóns sitúanse no top dos concursos deste tipo, o que supón unha aposta segura de promoción dos viños participantes a nivel mundial.

Categorías: